A coalición sostén que o funcionamento da protectora de animais tiña que ser auditado xa que nalgúns anos figura nas memorias un número de animais perdidos que supera ao de adoptados, algo absolutamente anómalo nun recinto pechado e controlado e que debería fomentar a adopción de animais.
05/04/2023
Rubén Pérez e Meli Vázquez, cabezas de lista da coalición coa que Marea de Vigo e Podemos concurrirán ao proceso electoral de maio, consideran que os videos feitos públicos por eldiario.es veñen a dar luz a un dos convenios nominativos “máis oscuros e con menos auditoría pública” dos que anualmente suscribe o concello de Vigo, porque debería con toda xustiza ser un proceso de concorrencia competitiva ao que puidesen obtar outras asociacións protectoras ou empresas ou cooperativas adicadas ao ámbito do proteccionismo animal.
Nos videos queda claro que existen comportamento neglixente, ilegal e non acorde coas normativas veterinarias e de protección animal dos actuais xestores da protectora municipal e pide que o Concello aclare se existen comprobacións permanentes por parte do goberno local “do estado das instalacións, dos procedementos sanitarios e veterinarios nas mesmas e se está a cumprirse todos e cada un dos puntos que figuran no convenio suscrito entre Concello de Vigo e a asociación que xestiona a recolla, acollemento e adopción de cans e gatos na nosa cidade.
Estos videos, investigados no seu día polo SEPRONA e que se fixeron públicos hoxe, veñen a sumarse as sucesivas queixas de veciños e veciñas das dificultades para realizar procesos de adopción, a inexistencia de campañas para favorecela, e isto, toda vez que o importe económico do convenio ven delimitado pola media de animais acollidos, pode entenderse como “un posible interese en que exista un nivel de ocupación alto de animais abandoados nas instalacións, feito que vai en detrimento de políticas activas para o acollemento e adopcións de animais por parte da veciñanza de Vigo.
Podemos-Marea de Vigo pide avanzar xa en modelos alternativos de coxestión que permita a asocacións animalistas poden participar na xestión da protectora municipal, para evitar, entre outras cousas, abandono de animais, malos tratos, perigo de epidemias e sobrepoboación de animais en situación de rúa.