A coalición pretende (despois de 4 anos traballando na interlocución co movemento asociativo e os veciños e veciñas ) realizar encontros con concreción de políticas de solución real dos problemas que ao foron trasladados por veciños e veciñas.
Comezará a semana que ven cun acto monográfico sobre a situación do urbanismo da cidade en canto a suspensión de licenzas, IOP e situación administrativa do PXOM.
05/04/2023
Rubén Pérez e Meli Vázquez, cabezas de lista da coalición coa que Marea de Vigo e Podemos anunciaron hoxe o deseño de campaña de “encontros de volta” nos barrios e parroquias da cidade pensada como a concreción de resposta en forma de propostas concretas ás demandas que no intenso traballo destes anos tanto do grupo municipal da Marea de Vigo como de Podemos no contacto directo coa cidadanía.
Meli Vázquez, nº 2 da candidatura sinalou que “non se trata só de ir a escoitar as demandas dos veciños e veciñas un mes antes das eleccións como fan outras formacións” senón ter o traballo feito de interlocución e proposta política concreta para presentalo como compromiso de ser a solución que Podemos e Marea de Vigo propoñemos e polo tanto incorporamos á proposta programática.
A coalición comezará este formato de encontros a vindeira semana cun acto ao que serán convidadas todas as AAVV, asociacións de afectados e afectadas por cuestións relacionadas con actuacións urbanísticas para explicar cales son as grandes eivas do urbanismo da cidade, a situación legal e administrativa do PXOM e o tocante a suspensión de licenzas que actualmente foi mandatado dende a Xerencia de Urbanismo.
Analogamente a coalición traballará para que Vigo camiñe cara o futuro da xestión municipal con dous aspectos centrais: a descentralización administrativa, pasando xestión a un sistema distrital que agrupe barrios e parroquias, e tamén que se fomente o mecanismo de Orzamentos Participativos, onde os veciños e veciñas deciden de xeito autónomo mediante un mecanismo de proposta e validación colectiva en que se gasta parte dos orzamentos que o Concello adica ao seu barrio.
Nisto, sinala Meli Vázquez, Vigo si que non e “nada TOP” xa que está a anos luz dos interesantes procesos abertos en cidades como Madrid (Madrid Decide), Barcelona (Decidim Barcelona), Compostela (Compostela Decide), que, a súa vez, son reflexo dos cambios que estanse dando en toda Europa e América Latina onde, en cidades como París, Bolonia, Buenos Aires, a participación cidadá na elaboración das propostas orzamentarias, especialmente no capítulo de inversións públicas, está absolutamente normalizada.