78 aniversario da II República

MANIFESTO POLO SOCIALISMO E A III REPÚBLICA

Conmemoramos neste 14 de abril a proclamación da II República, o réxime político e social que permitiu acadar a condición de cidadanía ao noso pobo, que conqueriu un sufraxio libre ceibe de hipotecas clientelares e que aparellou avances na lexislación laboral e social, asemade de supor un chanzo fundamental na loita das mulleres pola igualdade real. Cando a República o noso pobo plebiscitou e acadou a aprobación do Estatuto de autonomía, a base do recoñecemento da nosa identidade nacional.

Neste 14 de abril reivindicamos a República como un elemento central do discurso e da acción política, República como ferramenta de emancipación social e nacional. A tensión municipalista que e a democracia participativa teñen sumado dende xullo de 2007 a diferentes concellos para a causa dun proceso constituínte de carácter republicano.
Cando roxe unha crise provocada pola bancarrota das políticas neoliberais da globalización capitalista, urxe un pulo democratizador das relacións económicas e sociais para garantir unha saída social e democrática a crise capitalista.
Hoxendía, máis de tres décadas após a aprobación da Constitución do 78, atopámonos diante do flagrante incumprimento dos títulos e artigos dos dereitos económicos e sociais recollidos nela, xunto a un modelo de crecemento económico insustentable, asemade dun fondo e continuado recorte das liberdades políticas. A clase traballadora fixo todos os sacrificios en troques de case nada, perdendo poder adquisitivo, cun emprego precario e mal remunerado e cunha perda dos salarios na renda nacional de até 14 puntos, con hipotecas de asfixia ou imposibles para acadar o dereito á vivenda digna e todo isto no contexto de superbeneficios empresariais que non se
repartiron nos anosa de crecemento económico.

Neste abril de 2009, cómpre afirmar a ruptura do pacto constitucional, malbaratado por decenios de políticas neoliberais e incumprimentos dos contidos impostos pola esquerda na Constitución do 78 polos sucesivos gobernos desta segunda restauración borbónica.

Afirmamos o protagonismo que nesta etapa histórica correspóndelle á clase traballadora, ao novo precariado de mulleres e homes sobre os que vai recaer a tarefa de enfrontar a degradación do mercado laboral, a privatización e a erosión dos servizo públicos e a recuperación dos valores e praxe sociais emancipadores. A bancarrota da globalización capitalista que se expresa hogaño na crise económica e a violencia imperialista esixe cambios revolucionarios na nosa sociedade.

A reivindicación republicana nun dos primeiros abrís do século semella un exercicio de esperanza e dignidade a prol dos valores e posibilidades certas que acubilla a bandeira tricolor o afirmar o valor e dignidade do traballo, a solidariedade, a igualdade e o internacionalismo proletario. A república é o medio demmocratizador que nos empurra cara o socialismo do século XXI.

Hoxe Martes manifestación as 20:15 no Marco (Rúa de Príncipe)


VIVA Á REPÚBLICA

VIVA A UNIDADE DA CLASE TRABALLADORA

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=mkXmeaf7318&hl=es&fs=1]

Relacionados