6 DE DECEMBRO: NADA QUE CELEBRAR

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=PxQpZ4zbW40&w=560&h=315]

Desde a área de Mocidade de EU preguntámonos que se supón que celebrarán mañá 6 de decembro tanto o PP como o PSOE, ante o 34 aniversario da Constitución española de 1978, cando os seus respectivos gobernos estiveron violando sistematicamente os principais dereitos que recolle a Carta Magna. Nós só o podemos cualificar de “hipocrisía e engano” pola súa banda, porque ademais celebran unha Constitución que romperon o 23 de agosto de 2011 ao impor o pago da débeda “como prioridade absoluta” fronte a todo o demais tal e como establece o novo artigo 135.

Por iso, desde a área de Mocidade de EU denunciamos a farsa que supón celebrar unha Constitución “morta”, unha Constitución que non se cumpre en todos aqueles dereitos que non lles interesa garantir:

Como crernos unha Constitución que especifica que “todo o pobo ten dereito a unha vivenda digna e adecuada” no seu artigo 34, se os poderes públicos seguen primando os intereses dos bancos, e permiten que estes sigan roubando por centos de familias, lexitimando así máis de 500 execucións hipotecarias ao día que supón a escravitude do século XXI.

Como crernos unha Constitución que declara no seu artigo 24 que “todas as persoas teñen dereito a obter a tutela efectiva de xuíces e tribunais”, e ao mesmo tempo o ministro Gallardón impón taxas xudiciais que atentan contra a igualdade no acceso a esa mesma tutela.

Como crernos unha Constitución que establece no seu artigo 3 a garantía do uso e o ensino das diferentes linguas do estado mentres o goberno central, decreto a decreto, degrádaas cada vez máis e dálles status de dialecto rexional.

Como crernos unha Constitución que especifica no seu artigo 14 “que todos os cidadáns somos iguais ante a lei” e ao mesmo tempo indulta a banqueiros corruptos e antidisturbios violentos.

Como crernos unha Constitución que afirma no seu artigo 128 que “toda a riqueza do país está subordinada ao interese xeral” mentres vemos como aumentan os beneficios das grandes empresas e recortan en dereitos básicos, como educación ou sanidade, á maioría social.

Esta Constitución rota e violada sistematicamente, só se cumpre cando se trata de defender os intereses dos ricos. Unha constitución que é froito do poder constituínte da Troika, das oligarquías financeiras e económicas, dos poderosos, que comezaron un proceso constituínte contra o pobo para consolidar un Estado onde os dereitos sociais e o benestar da maioría social son papel mollado fronte á súa lóxica de rendibilidade e beneficio.

Por iso, millóns de persoas toman as rúas neste país, porque están vulnerando un a un todos os consensos que nos dotamos. O pobo esixe unha verdadeira Democracia e non este falso réxime que vístese de democracia cando lle interesa. Por iso, chegou a hora de unirse e construír Democracia.

Construámola.

#AbajoElRégimen

Abaixo o Réxime

Relacionados