Hoxe conmemóranse os 50 anos dun 25 de abril no que o pobo portugués derrotou ao fascismo. Un 25 de abril onde reclamaron que “o povo é quem mais ordena”.
A Revolução dos Cravos foi un alzamento militar pacífico organizado para derrocar unha dictadura que xa duraba 40 anos. En diferentes reunións clandestinas que comezaron en xuño de 1973 naceu o Movimento das Forças Armadas (MFA). O 25 de abril de 1974, o MFA tomou diferentes puntos estratéxicos do país e conseguiu derrocar ao réxime. O nome da Revolução dos Cravos débella a Celeste Caeiro, que á saída do seu traballo portaba uns caraveis. Cando un militar lle pediu tabaco, non puido darllo porque non fumaba, pero ofreceulle un caravel. O militar colleuno e colocouno no fusil da súa escopeta.
Nós achegámonos á xuntanza a carón do Instituto Camões para entonar varias cancións, e como non podía ser doutra maneira, cantamos a Grândola, Vila morena. Que tamén puido cantarse noutros puntos da cidade de Vigo.
Non deixemos avanzar o fascismo da ultradereita que está en auxe con enganos e mentiras. Agora e sempre, FASCISMO NUNCA MAIS.
Saúde e República! ✊🔻
PD: Recorda seguirnos en Instagram ou no Facebook para ver que facemos máis a diario.