Este sábado volvimos sair ás rúas viguesas en apoio a Palestina e para demandar o fin do xenocidio permetrado por Israel.
A manifestación, organizada pola Plataforma BDS, saíu de Vía Norte/Urzáiz ás 12 da mañá onde centos de persoas nos encaramos cara a Porta do Sol.
Dende Esquerda Unida Vigo estaremos en cada unha das concentracións e manifestacións que se organicen na cidade en apoio a Palestina, e animámosvos a todas, todos e todes a que fagades o mesmo. O xenocidio debe parar inmediatamente e debemos seguir facendo presión cidadá nas rúas para que así sexa.
Palestina Libre! Palestina vencerá!
Saúde e República! ✊🔻