Parque Municipal de vivenda pública
Esta é unha reclamación histórica da nosa organización en Vigo. Dende o ano 2015 que tivemos representación municipal, levamos ano tras ano presentando mocións ao pleno con esta medida. A proposta concreta é ter un parque municipal de vivendas que vaia medrando co transcurrir dos anos. As vivendas acadaríanse por varias vías:
- Cesión de Aproveitamento Urbanístico Lucrativo. Os concellos por lei teñen dereito a recibir unha porcentaxe dese aproveitamento. No caso do Concello de Vigo acordouse que a cesión sexa un 10% podendo facerse de dúas maneiras: cedendo pisos ou pagando ao concello. Nunha urbanización de 30 vivendas o concello poderia ter 3 vivendas. Sabendo isto, cantas vivendas poderíamos ter en Vigo nun parque público con todas as que se construiron nos últimos vinte anos?
- Cesión de outras administración públicas (Xunta o Ministerios do Estado) como as vivendas oficiais baleiras.
- Acordos coa SAREB
- Cesións de particulares onde o garante/fiador sería o Concello de Vigo.
- Iniciativa de promoción de nova construcción de iniciativa pública.
Plan de rehabilitación de vivendas baleiras
Este plan estaría negociado con outras administracións na súa parte de viabilidade económica. A nosa proposta é ter unha infraestructura municipal de axudas para a rehabilitación de vivendas sen uso na cidade.
As axudas estarían condicionadas a que o destino da vivendas rehabilitadas sexa uso como vivendas habituais, alugueiro baixo prezo tasado ou cesión o parque público de vivendas.
En Vigo contamos cunhas 16.000 vivendas baleiras, esta proposta que poría en uso milleiros de vivendas sen uso.
VUT (vivendas de uso turístico)
En Vigo hai mais de 2000 vivendas de uso turístico. Esto é un grave problema para a crise habitacional que estamos a sufrir na nosa cidade. A existencia dun número tan alto de VUT inflúe negativamente na oferta de alugueiros de longa duración por:
- Reducción da oferta de vivenda habitual. As VUT soen localizarse nos centros urbanos das cidades e esto merma considerablemente a oferta habitual.
- Contribuen a aumentar o prezo do aluguer, xa en máximos históricos na nosa cidade. Alí onde se concentran as VUT máis sobe o prezo da vivenda para uso habitual.
- Provocan expulsión da veciñanza. Por non renovación de contratos para poder converter esas vivendas en VUT, facendo mais esixentes os requisitos para alugar unha vivenda.
Coa entrada entrada en vigor do novo PXOM e os novos requisitos para este tipo de vivenda/negocio, mais de 300 vivendas déronse de baixa do rexistro porque non cumpren os requisitos. Pola contra, esta nova normativa tamén favorece a aparición dunha nova figura, os edificios de vivendas
turísticas. Este edificios, en moitos casos históricos da nosa cidade, son rehabilitados cobrando subvencións de ata 700.000 euros por parte da Xunta (cartos públicos destinados a un sector privado que precisamente agrava un problema dos veciños)
Dende Esquerda Unida de Vigo defendemos unha moratoria indefinida de novas licencias de VUT e de edificios VUT. A oferta en Vigo é tan alta que distorsiona totalmente a oferta “do mercado da vivenda habitual” e desvía a función da vivenda do seu uso habitual convertíndoa nun “produto” de especulación impedindo un dereito da cidadanía a disfrutar dunha vivenda recollido na Constitución Española onde tamén se recolle a obriga de todas as institucións e poderes do Estado a impedir a especulación
Solicitude inmediata de Zonas Tensionadas
Segundo o estudo encargado polo Concello de Vigo, e outros traballos de investigación, detéctanse 17 zonas que cumpren o criterio de zonas tensionadas. Consideramos que o Concello non pode esperar máis a facer a solicitude de declaración de estas Zonas Tensionadas e que a Xunta aprobe sen demora estas solicitudes.
Que se conseguería? Reducir inmediatamente os prezos das vivendas en alugueiros de longa duración. Poderíanse establecer prezos máximos e evitar a práctica de non renovación de contratos para poder facer subidas abusivas nos seguintes contratos.
Bolsa de Vivendas Sociais para persoas e familias vulnerables
Consideramos imprescindible a creación dun parque de Vivenda Social, con prezos axustados aos ingresos das persoas ou familias vulnerables, que teñen que estar distribuidas por todos o barrios da nosa cidade para evitar a creación de guetos.
Neste apartado non podemos esquecer as familias e persoas en risco de exclusión social, moitas mulleres con fillos onde a sua situación as leva a ocupar infravivendas que pode ter nalgúns casos finais tan tráxicos como a morte.
Tamén temos que ocuparnos das personas sen fogar que viven na rua. Na nosa cidade so temos un albergue de transeuntes, con 35 prazas, cunha estancia máxima dun máximo de 15 días, logo teñen que volver a rúa.
Esquerda Unida de Vigo considera que non só hai que aumentar o número de prazas do albergue, tamén hai que actuar e poñer medidas para que as veciñas e veciños abocados por diferentes causas a esta situación vital podan volver a ter un teito que é un dos primeiros pasos para sair da exclusión social.
Vivenda para Xente Moza
Defendemos adicar unha porcentaxe de vivenda á xente moza, con rendas adecuadas os seus ingresos. Basta xa que as mozas e mozos da nosa cidade non poidan independizarse para iniciar o seu proxecto de vida, ou teñan que trasladarse a vilas da contorna porque non hai vivenda e a que hai teña prezos inalcanzables para os seus
ingresos.
Porcentaxe destinado a políticas de vivenda na cidade dos orzamentos municipais.
Ainda que esta medida poida parecer que é retraer coantías de outras partidas orzamentarías ten que ver máis coa parte de ingresos. O Concello de Vigo ten que dispoñer de ferramentas de obtención de recursos para comprometer unha porcentaxe anual, nos consideramos que entre un 3 e un 5%, do seu orzamento a medidas de políticas activas en materia de vivenda. Medidas que priorizarían ese esforzó finacieiro en acadar un parque de vivienda público que se achegará o 30% da oferta de acceso a vivenda en réxime de alugueiro.




