Este 14 de abril do 2026 cumpríronse 95 anos da proclamación da II República Española. Eran tempos difíciles, parecidos aos de agora, onde soaban tambores de guerra e os ventos do fascismo percorrían Europa ameazando a paz e a seguridade.
Os españois, porque as mulleres daquela aínda non podían votar, elixiron: liberdade, dereitos e paz.
Porque coma hoxe a auténtica seguridade humana é a que se constrúe con dereitos civís, traballo, salarios e vivenda digna, educación e sanidade pública de calidade para todos.
En apenas 6 anos de República, construíronse miles de escolas públicas primarias, formouse a miles de
mestras e mestres. Creáronse miles de bibliotecas nas vilas e bibliotecas móbiles , a cultura podía chegar
os lugares mais remotos do pai.
Lexislouse unha Lei de Reforma Agraria para acabar co latifundismo feroz, conseguiuse o voto das
mulleres, a lei de divorcio e a xornada de 8 horas.
Por primeira vez neste pais igualáronse sobre o papel os dereitos das mulleres e dos homes.
Decretouse a laicidade do Estado, intentouse democratizar a xustiza, modernizar o exército reducindo o
abrumador numero de oficias que había.
Aprobáronse os estatutos de Autonomía para Cataluña, Pais Vasco e Galicia, reñecéndose deste xeito a
diversidade do Estado e o dereito a que cada territorio poidese gobernarse segundo a súa singularidade.
España estaba saíndo do atraso o que estivera condenada durante séculos.
O 18 de xullo de 1936 o golpe de estado do Xeneral Fascista Francisco Franco, axudado pola Igrexa
Católica, a Oligarquía, parte do exército e os gobernos europeos onde o Fascismo xa gobernaba,
iniciaron unha etapa de terror e provocaron unha guerra civil onde se destruíu todo o construído.
Este 14 de abril foi día de lembrar a todas esas mulleres e homes que loitaron,as que tiveron que marchar o exilio para salvar a vida, as que marcharon para seguir loitando nos exércitos de liberación en Europa,as que morreron nos campos de concentración. As que fuxiron o monte , as que se esconderon durante anos, os que foron encarceados, torturados e asasinados.
Somos as herdeiras e herdeiros da súa valentía, compromiso e xenerosidade, por iso seguiremos sempre
esixindo, Verdade Xustiza e Reparación.
Pero como herdeiras deles temos a obriga de seguir traballando para conseguir un mundo mellor, sen
guerras, igualitario en dereitos e equitativo en cubrir as necesidades de cadaquén.
Por iso saímos a rúa , cada 14 de Abril, non so para lembrar, tamén para esixir un referendo que nos
permita as cidadáns e cidadáns elixir o modelo de estado que queremos
En Esquerda Unida o temos moi claro sempre traballaremos para que algún dia poidamos vivir na
República Federal Española.
Saúde e República!









