O Consello Científico de ATTAC estima que 1.400 persoas controlan actualmente un capital equivalente ao 80% do PIB de España.
Cun enfoque democrático calquera saída social da crise debe atender prioritariamente aos intereses do resto da poboación, non dos máis ricos.
Cun enfoque de xustiza social, os traballadores, os pequenos empresarios e os autónomos, os mozos, as mulleres, os pensionistas e os inmigrantes xa arrimaron o ombreiro. Toca agora o compromiso dos poderosos.
Cun enfoque de rigor técnico só se pode adiantar a saída da crise se lla considera como unha crise de demanda. Xa que logo, hai que elevar o consumo privado, o gasto e o investimento público.
Esquerda Unida propón ao Goberno e ao resto das forzas políticas parlamentarias un conxunto de medidas baseadas nos anteriores criterios
As medidas están constituídas por
Un Programa por importe de 10.000 millóns de euros máis 1.800 millóns das CC.AA. para crear emprego
Unha proposta para a loita contra a economía mergullada e a fraude fiscal como elemento determinante para o financiamento do gasto público e a mellora do déficit
Unha proposta de apoio ás pequenas empresas e autónomos para superar os seus problemas de liquidez e crédito e facilitar a súa actividade, que permitirá a creación de emprego
100 medidas concretas para unha saída social da crise