10 RAZÓNS PARA VOTAR A ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA- IZQUIERDA UNITARIA EUROPEA

1. Porque os que sempre defenderon con coherencia a defensa da maioría social traballadora e dos seus intereses merecen a túa confianza e o teu voto.

2. Porque non merecen unha última oportunidade os que sempre nos fan o mesmo: predican con palabras de esquerda pero sempre se equivocan pola dereita.

3. Para garantir unha saída pola esquerda á crise económica en España, castigando as políticas conservadoras do Goberno e as alternativas retrogradas do PP.

4. Porque o mellor modo de parar á dereita ameazante e clasista é darlle a confianza á xente consecuente da esquerda, que expomos alternativas ás políticas conservadoras.

5. Porque nesta ocasión todos os votos contan e teñen o mesmo valor.

6. Porque esta crise demostrou que se se quere pódese e nós e nós defendemos que se pode mellorar os servizos públicos, a educación, a sanidade e as políticas sociais, e que hai recursos para iso.

7. Porque as solucións de esquerdas pasan por Europa. A saída da crise pasa por unha Europa social e de dereitos e pola intervención da economía para impulsar un novo modelo de desenvolvemento.

8. Para democratizar a Unión Europa, convertendo o Parlamento Europeo nunha verdadeira cámara lexislativa e reforzando a participación da cidadanía a través de referendos vinculantes.

9. Para garantir o acceso de todos e todas á educación superior e parar a privatización da universidade que se oculta tras o Proceso de Bolonia.

10. Por iso, cando España asuma a Presidencia da UE en 2010, impulsaremos un pacto polo emprego, a repartición da riqueza, o rescate dos sectores estratéxicos da economía, a reforma fiscal progresiva e a democratización da UE.

Relacionados